–Aguamorta: termo de uso na ría de Arousa para referirse ás medusas.
https://illadearousa.blogspot.com/2009/05/algunhas-das-palabras-que-usan-cotio-as.html
-Aguiuncho: cría de aguia, falcón pequeno.
-Alvado: vara do raño ou rasto. No e-Estraviz recóllese a entrada como cavidade onde entra o mango das ferramentas. (Tamén referido ás varas do raño, ver a entrada «xunguiño»).
-Avión: xogo de rapazas moi semellante ao «trúquel», pero con outro debuxo no chan diferente.
-Azougar: axordar, causar desconcerto ou turbación a alguén por efecto dun berro ou dun ruído moi forte.
Etiqueta: gallego

Xosé Lois Vilar:»En 65 km de costa recollemos 1.600 topónimos, e hai para todos os gustos»
O Instituto de Estudos Miñoranos recolle os nomes do mar na costa sur galega
Noticia completa en http://culturagalega.gal/noticia.php?id=13539